9 de xuño de 2017

PALLADIO


VILA ROTONDA



CATALOGACIÓN
Vila pacega construída por Andrea Palladio, arquitecto manierista italiano, entre 1567 e 1570. É a máis famosa da multitude de villas que deseñou Palladio e amosa de forma exemplar as características máis salientables deste gran arquitecto, sobre todo a busca formal dun clasicismo puro. Palladio era un estudoso da antigüidade clásica (ilustrou o famoso libro de Vitrubio) pero tamén un teórico que reflexionou sobre a arquitectura da súa época (redactou e tamén ilustro un libro propio chamado “Quattro libro dell’architettura” en 1570). Traballou sobre todo en Vicenza e en Vencia e a súa influencia posiblemente foi a maior de todos os arquitectos do reancemento, abundando na época neoclásica as villas neopalladianas en Gran Bretaña e nos EEUU. 

CONTEXTO 
( ...) 

ANÁLISE 
Como dixemos este famosísimo edificio resume a quintaesencia da teoría arquitectónica de Palladio, sempre en busca da inspiración no mundo clásico pero coa súa particular intervención. 
A planta clarifica xa os principais valores do edificio: simetria, proporción,... Estamos diante dunha planta cadrada perfecta en cuio centro se dispón un patio circular (círculo inscrito nun cadrado).

Todas as estancias do edificio son iguais así como cada unha das catro fachadas do edificio que tamén son idénticas. A disposición é absolutamente perfecta dende o punto de vista da simetría e da proporción. Ademáis a planta do edificio é unha cruz grega. Na maior parte das súas obras Palladio adoptou como modelo para as súas fachadas a fachada dun templo clásico có seu porche columnado e o frontón coroando o edificio. El pensaba que as fachadas dos templos clásicos imitaban as fachadas das vivendas desa época e polo tanto quere completar o círculo, usando a fachada dos edificios relixiosos para facer de novo vivendas particulares. O templo era a casa dun deus, pero unha casa ó fin e ó cabo. 
Este é o modelo que Palladio empregará tamén nesta Villa Rotonda. A fachada (repetida nos catro lados) consta dun porche hexástilo de orde xónico e con frontón, accedendo a ela despois de subir unha gran escalinata tal e como sucedía nos templos romanos (non nos gregos). 
As fachadas tamén están rotadas 45º con respecto ós puntos cardinais para garantir que todas as estancias reciban algo de luz natural. 
Aquí este porche ademáis de ter un obxectivo formal, clasicismo, tamén ten unha finalidade práctica xa que dende este porche se teñen unhas inmellorables vistas da propiedade (avilla se constrúe na cima dunha pequena colina polo que este efecto se acentua), ademáis por suposto de protexer do calor do día. 
En canto ó interior do edificio sorprende a meticulosidade co que foi deseñado para que o edificio resulte absolutamente simétrico, ó mesmo tempo que as medidas de largo, ancho e alto do edificio e de cada unha das estancias se somete a unha fórmula exacta de proporcións. 
Para rematar outra gran novidade de Palladio é o feito de teitar o patio interior cunha gran cúpula visible dende o exterior do edificio. A cúpula ata este momento era usada exclusivamente para coroar edificios relixiosos (cúpula de Deus: Panteón). Esta vai a ser a primeira vez que se utilice unha cúpula nun edificio doméstico. Esta cúpula está inspirada no Panteón, con ese gran óculo central, e a nivel decorativo está presidido por un gran Pantocrátor rodeado dalgúns elementos figuartivos propios da relixión católica, neste caso virtudes como a Relixión, a Castidade,...







0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir