15 de xuño de 2017

SEURAT




TARDE DE DOMINGO NA GRAND JATTE



CATALOGACIÓN
Oleo sobre tela de gran formato (2x3 m). Está feito en 1885 por Georges Seurat, pintor post-impresionista francés fundador do puntillismo, estilo no que está feita esta obra. Atópase no Art Institute of Chicago. Foi presentado en 1886 na octava e última exposición dos impresionistas e causou sensación ata o punto de que foi considerado como o pintor máis importante dunha nova xeneración de artistas. O cadro converteuse no centro da exposición e dos debates que dela xurdiron. O seu pronto falecemento (1890) truncou o que era unha prometedora carreira .
O puntillismo ou divisionismo é unha corrente pictórica que partindo da representación da naturaleza como os impresionistas se centra na forma científica en que se perciben e se obteñen as cores. En vez da mistura das cores na paleta, para eles as cores se deben misturar opticamente na retina do espectador: para que misturar cores como o azul e o amarelo na paleta coa súa conseguinte degradación se se pode conseguir o mesmo efecto mediante a acumulación de puntos destas dúas cores? A nosa forma de percibir as cores fai que, á debida distancia, esos puntos se misturen automaticamente no noso cerebro, obtendose da mesma maneira o verde. O traballo do pintor é aplicar puntos de cor pura na medida exacta para que o ollo as misture e capte os diferentes matices e tonalidades.
Esta idea parte das teorías científicas máis modernas sobre a percepción e o cromatismo e o que fan estos pintores e poñer a proba estas ideas no laboratorio, o estudo do pintor, mediante sucesivos experimentos.

CONTEXTO

… (o mesmo que con Gauguin, Van Gogh e Cezanne) 

ANÁLISE
O tema do cadro é un tema xa coñecido dende os impresionistas, unha escena en plena naturaleza, a vibrante actividade que se desenvolvía no entorno do Sena unha tarde calqueira de domingo, tal e como podía aparecer en calqueira cadro de Renoir. La Grand Jatte era un parque as aforas de París e nas ribeiras do Sena que se convertera nesta época nun ligar de encontro para os parisinos nos días de descanso. Seurat acudiu alí a tomar notas para logo rematar a obra no seu estudo, tardando casi dous anos en rematar a obra. Esto o diferencia dos pintores impresionistas que facían os seus cadros en plena naturaleza, e o máis rapidamente posible, para recoller a inmediatez da escena.
Compositivamente estamos diante dun cadro moi estruturado, cun claro predominio das liñas verticais (figuras humanas, troncos das árbores) equilibradas polas liñas horizontais e diagonais (sombras). As figuras, grandes cilindros verticais, son contundentes como estatuas e dan unha gran sensación de solidez e algo parecido sucede coas árbores.
Unha gran sombra domina a parte inferior do cadro dándolle unha enorme sensación de estabilidade e dirixindo o peso do cadro cara a zona superior bañada en luz. Dúas figuras verticais conectan esta zona inferior coa zona da follaxe das árbores na zona superior.

Igual que pasa coas formas equilibradas e compensadas entre si, tamén se produce o mesmo efecto coas cores frias e cálidas, que se atopan nun balance perfecto compensándose as primeiras coa presencia das segundas. Esto nos amosa á perfección o moi organizado e estruturado que está o cadro, non deixando Seurat nada ó azar, o cal é completamente diferente da espontaneidade e inmediatez que pregonaba o impresionismo.
Proba disto é que nos dous anos que tardou en rematar a obra, fixo 62 estudos preliminares ó oleo de debuxos da paisaxe e de figuras individuais.
Dentro das cores destaca o vermello que está repartido por todo o cadro e que fai que a nosa ollada se desplace por todo o cadro, creando múltiples percorridos visuais que nos moven de esquerda a dereita por todo o cadro, a distintos niveis de profundidade.
Tamén destaca o emprego do amarelo(luces) e do violeta (sombras), cores complementarias, para darlle maior intensidade á luz. Nas súas palabras: “o medio de expresión é a mistura óptica dos tonos, dos matices, é dicir das luces e das súas reaccións (sombras) seguindo as leis do contraste e da degradación da luz”.
Captura de pantalla 2017-03-26 a las 16.09.47.png
Como dixemos as cores se forman no ollo do espectador e o pintor o que fai é dispoñer zonas de cores puros normalmente en forma de puntos pero en ocasións con pequenas pinceladas horizontais por exemplo na auga do rio. É o espectador o que inconscientemente mestura as cores. A cor violeta se consigue mesturando moi xuntos puntos de cor azul e vermello. Non hai liñas pero a sensación das siluetas das figuras consíguese delimitando as superficies de cor con contrastes.
Captura de pantalla 2017-03-26 a las 16.11.50.png


A nivel espacial parece que nos atopamos cunha perspectiva lineal clara cuio punto de fuga se atopa a carón das cabezas das dúas enormes figuras de pe á dereita do cadro. Pero paradoxicamente nos atopamos cunha serie de figuras que obstaculizan o percorrer da nosa ollada, dificultando o noso acceso a ese punto de fuga.
Captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.34.58.png
En canto ás figuras estas parecen estatuas inmóviles, non son nada naturais, predominando a súa disposición de perfil ou de frente sen ningunha figura en tres cuartos ou escorzada, e sen amosar ningunha traza de movemento. Estas figuras parecen anónimas e psicoloxicamente ailladas, como se se tratase dun fragmento dun friso clásico ou do antigo Exipto. As figuras están reducidas a corpos sinxelos, xeométricos, esquemáticos o que convertirán a Seurat nun precursor da pintura cubista.

Captura de pantalla 2017-03-26 a las 16.16.49.png

Por último tamén o marco forma parte da obra ó delimitala, e Seurat vai traballar nel mediante unha trama de puntos pintados.







0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir