9 de xuño de 2017

O BOSCO

O XARDÍN  DAS DELICIAS







CATALOGACIÓN
Título: O xardín das delicias.
Autor: O Bosco
Cronoloxía: finais século XV – inicios do século XVI.
Estilo: Pintura flamenca – Holanda.
Técnica: óleo sobre táboa + grisalla.
Localización: Museo do Prado



A obra foi encargada por un membro da casa de Nassau, logo pasou a mans de Guillermo de Orange ó que llo confiscaron os españois -duque de Alba- e finalmente adquiriuno Felipe II nunha almoeda ca idea de envíalo ó mosteiro do Escorial onde estivo ata a Guerra Civil cando o levaron ó Museo do Prado. 
Descoñecemos o título orixinal, Filipe II definiuno como unha obra sobre a "variedade do mundo"
Trátase dun tríptico, polo que vemos unha representación cando está aberto e outra cando está pechado. 
Tríptico pechado: 
Está pintado con grisalla, representa o que segundo o Xénese pasou o terceiro día da Creación (separación das augas e a terra, máis creación do Paraíso terrenal). Dentro dunha esfera translúcida mostra a terra plana con auga arredor e vexetación. Arriba á esquerda aparece Deus pai como Creador e na parte superior hai unha inscrición en latín sacada dos Salmos. 

Tríptico aberto: 
Está pintado en cores, son tres paneis que tratan o tema do pecado.
  • Panel esquerdo – Mostra o Paraíso terrenal, nun primeiro plano aparece Deus (Cristo) no medio de Adán e Eva, que son presentados. Encima está a fonte dos catro ríos do Paraíso, ca Árbore da vida (un drago) á esquerda e o a árbore do ben e o mal (ca serpe enroscada no tronco) á dereita. Por tanto, mostra a serpe que provoca o pecado orixinal e a expulsión do Paraíso. 
  • Panel central – Da nome ó tríptico, é coñecido como o Xardín das delicias ou Pintura do madroño. Na escena hai un gran número de figuras humáns, animais, plantas e froitos. As figuras humáns están espidas, hai xente branca e negra, distribuídos en grupos ou parellas. Os animais, reais ou fantásticos, e as plantas aparecen a maior tamaño do real. Representa ó mundo entregado ó pecado, á luxuria. No centro hai un estanque con mulleres espidas, arredor xiran homes sobre cabalgaduras (algunhas fantásticas) aludindo ós pecados capitais. Na parte superior hai construcións fantásticas sobre a auga, a do centro é a fonte dos catro ríos do Paraíso rompéndose, alude a que a felicidade falsa proporcionada polos praceres non dura e ten como castigo o Inferno. 
  • Panel dereito – Representa ó Inferno. No centro está o home-árbore, asociado ó demo. Aquí reciben castigo todos os pecados capitais: monstro devora homes e expulsa polo cú – luxuria, demos obrigan comer sapos dentro do home-árbore – gula, suplicio da auga xeada - envidiosos… 
O tríptico non está asinado. Ten un carácter moralizante, mostra o efémero dos praceres. A forma de representar o tema resulta sorprendente, mostra o universo fantástico do Bosco.

















0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir